Monday 29 de April de 2024

Remata o Obradoiro de emprego de carpintería e xardinería


O Obradoiro Dual de Emprego Realización de Mobiliario Urbano e Restauración de Zonas Verdes Municipais finalizou hoxe coa entrega de diplomas, por parte das autoridades municipais e autonómicas, ao alumnado. Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Concello de Oleiros. A subvención da Xunta foi de 346.946,00 euros e a aportación do Concello foi de 25.000 euros.

En total participaron 20 alumnos distribuídos nas especialidades de carpintería e xardinería. Tamén estiveron contratadas durante os 9 meses que durou o obradoiro 5 persoas como docentes e persoal administrativo.

Os traballos realizados consistiron na construción de diverso mobiliario urbano de madeira (bancos, papeleiras, tertuliario, mobiliario para edificios municipais) e no mantemento de xardinería de diversos parques e xardíns do Concello (Parque As Trece Rosas, Finca Tenreiro, viveiro da Carballeira). Tamén se actuou no patio do CEIP A Rabadeira, con diversos traballos de xardinería na zona do estanque e coa construción de elementos de madeira para a zona da biblioteca.